[abrouxados] anfleto 27 xaneiro

Joaquín Lana joaquinlana en gmail.com
Mar Ene 25 13:30:59 CET 2011


El 25/01/11 13:05, Durán Vázquez Durán Vázquez escribió:
>
> Transcrición do panfleto que reparte a CIG con motivo da folga xeral 
> convocada para o día 27 de Xaneiro de 2011:
>
>
> Páx. 1:::
>
> [silueta dun monicreque] NON SEXAS INOCENTE
>
>
> ALGÚNS DATOS PARA COMPRENDER A GRAN MENTIRA SOBRE A REFORMA DAS PENSIÓNS
>
>
> 27 DE XANEIRO:
>
> EN DEFENSA DAS PENSIÓNS E DO EMPREGO
>
> FOLGA XERAL!
>
>
> [na marxe esquerda] CIG Confederación Intersindical Galega 
> www.galizacig.com <http://www.galizacig.com>
>
>
> Páx. 2:::
>
> 1 O grupo de economistas que fai os informes para a Unión Europea, 
> para a OCDE e para o Goberno, están *contratados e pagados polo BBVA, 
> Banco de Santander e CEOE.**
>
>
> 2 No ano 1999 este grupo de economistas *pronosticaban a creba das 
> pensións para o ano 2010** No ano 2000 créase o Fondo de Reserva das 
> Pensións, nestes 10 anos este fondo acumulou un excedente de máis de 
> 64.000 millóns de €. No ano 2010 o superávit no 3º trimestre foi de 
> 11.000 millóns de €, cun 14% máis de pensionistas que no ano 2000.
>
>
> 3 As medidas que pretende aprobar o Goberno de ampliar os anos de 
> cálculo e a idade de xubilación, poderán *reducir até un 25% a 
> pensión** nos próximos anos. Ao mesmo tempo que reforman as pensións, 
> aprobaron reducir as cotizacións das empresas e subvencionar os 
> despedimentos co diñeiro público. Isto representa máis diñeiro que o 
> que aforran coa reforma das pensións.
>
>
> 4 Na proposta de reforma das pensións que queren aprobar *incrementan 
> o tope para as pensións máximas** (banqueiros, empresarios, 
> executivos, profesións liberais) para que poidan cobrar máis, e 
> recortan aproximadamente un 10% as da clase traballadora. Recortan as 
> dos pobres para darllo aos ricos.
>
>
> 5 O Estado Español é *o que menos gasta en pensións** da Europa dos 
> 15, menos que Portugal que gasta o 11,4% do PIB. O Estado Español 
> gasta o 7,8%.
>
>
> 6 No ano 1995 o gasto en pensións no Estado Español representaba o 
> 8,3% do PIB. No ano 2008, con 1.500.000 (un millón cincocentos mil) 
> pensionistas máis e 2 millóns de desempregados máis que entón, o gasto 
> é do 7,8%, *un 0,5% menos**
>
>
> Páx. 3:::
>
> 7 Os resultados de superávit reprodúcense cada ano porque dependen do 
> crecemento económico e do incremento anual de traballadores e 
> traballadoras. Nos últimos 30 anos *a clase traballadora creceu máis 
> do dobre** En Galiza no ano 1980 non chegaba aos 430 mil. Hoxe pasa de 
> 940 mil traballadores e traballadoras.
>
>
> 8 Na conxelación das pensións públicas no 2010, que afectou á clase 
> traballadora,*o Estado aforrou 1.530 millóns de €** Pero ao mesmo 
> tempo *perdeu 1.440 millóns de €** pola desgravación fiscal que lle 
> fai aos ricos das pensións privadas contratadas en bancos e aseguradoras .
>
>
> 9 Os que aproban estas medidas non reforman as súas pensións. Os 
> deputados e senadores *con 7 anos de mandato teñen asegurado o 80% da 
> pensión máxima,** (uns 30.000 € ao ano) e poden xubilarse aos 60 anos. 
> Se perden o escano, cotízanlles até a xubilación.
>
>
> 10 O Estado Español *triplica a media de contratación temporal 
> precaria de Europa.** Estes traballadores e traballadoras temporais 
> nunca chegarán aos 35 anos para cobrar o 100% da pensión e teranse que 
> xubilar mais tarde e cobrarán menos. Con menos temporalidade 
> produciríanse máis ingresos. Ao final, os que teñen o traballo mais 
> duro e máis precario terán a peor pensión.
>
>
> A pensión media é de 876€/mes. En Galiza, de 728€. Esta é a pensión da 
> clase traballadora, a dos ricos supera os 3000€. A clase traballadora 
> asociada a traballos de dureza e fatiga (automóbil,naval, construción, 
> pedra, mar, conserva, téxtil, limpeza, etc), vive un promedio de dez 
> anos menos que os executivos, banqueiros, xuíces, notarios, 
> empresarios, profesións liberais, etc. Viven máis os que cobran as 
> pensións máis altas.
>
>
> O maior fraude á Seguridade Social cométeno as empresas. Contratos a 
> media xornada ou por horas pero traballando realmente toda xornada. 
> Tamén nas horas extras que non cotizan. No informe de Facenda do ano 
> pasado o 90% dos empresarios aseguran ingresar menos de 1000€ ao mes.
>
>
> Esta é a democracia dos ricos, na que o capitalismo financeiro quere 
> controlar as pensións. Billóns de euros, que logo irán ás accións das 
> grandes empresas na Bolsa. Por isto queren a reforma. Lembra que só 
> tres grupos políticos rexeitaron a reforma laboral e esta reforma das 
> pensións: BNG, IU e ERC. Loita tamén co teu voto. (sic)
>
>
> Non permitamos este ataque aos nosos dereitos, porque non pensan 
> parar. Seguirán reformando e empobrecendo as pensións. O noso futuro, 
> os dos novos traballadores e traballadoras debemos defendelo agora.
>
>
> Páx. 4:::
>
> HISTORIA DAS ANTERIORES REFORMAS DAS PENSIÓNS
>
>
> - Reforma das pensións de 1985
>
> Aumenta o período mínimo de cotización para acceder a unha pensión
>
> antes: 10 anos /
>
> despois: 15 anos
>
>
> Amplía o período para calcular a pensión
>
> antes: 2 anos /
>
> despois: 8 anos
>
>
> Actualización da cuantía das pensións
>
> En función do aumento dos salarios /
>
> En función do IPC previsto. Se a inflación real é maior que a prevista 
> a diferenza só se compensa nas pensións mínimas
>
>
> - Reforma das pensións de 1997
>
> Amplía novamente o período para calcular a pensión
>
> 8 anos /
>
> 15 anos
>
>
> - Proposta de reforma das pensións de 2011
>
> Amplía novamente o período para calcular a pensión
>
> 15 anos /
>
> 20-25 anos
>
>
> Aumenta a idade de xubilación
>
> 65 anos /
>
> 67 anos
>
>
> 27 DE XANEIRO
>
> FOLGA XERAL!
>
>
> MANIFESTACIÓN
>
> ÁS 12.00H DESDE O CRUCE DA DOBLADA (VIGO)
>
>
> CIG Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com 
> <http://www.galizacig.com>
>
>
>
> *[destacado en escuro no texto orixinal]
>
>
>
> -- 
> Durán Vázquez____________
> http://cronicaelectronica.org/?p=duranvazquez
>
>
> _______________________________________________
> abrouxados mailing list
> abrouxados en xedh.org
> http://list.xedh.org/mailman/listinfo/xedh.org.abrouxados
Supongo que estarás contrastando los datos y ampliando el campo de 
investigación...me equivoco?
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://slla664.piensasolutions.com/pipermail/xedh.org.abrouxados/attachments/20110125/928239c4/attachment-0001.html


Más información sobre la lista de distribución abrouxados