[abrouxados] anfleto 27 xaneiro

Durán Vázquez Durán Vázquez nomenekpos en gmail.com
Mar Ene 25 13:05:21 CET 2011


Transcrición do panfleto que reparte a CIG con motivo da folga xeral
convocada para o día 27 de Xaneiro de 2011:


 Páx. 1:::

[silueta dun monicreque] NON SEXAS INOCENTE


 ALGÚNS DATOS PARA COMPRENDER A GRAN MENTIRA SOBRE A REFORMA DAS PENSIÓNS


 27 DE XANEIRO:

EN DEFENSA DAS PENSIÓNS E DO EMPREGO

FOLGA XERAL!


 [na marxe esquerda] CIG Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com


 Páx. 2:::

1 O grupo de economistas que fai os informes para a Unión Europea, para a
OCDE e para o Goberno, están *contratados e pagados polo BBVA, Banco de
Santander e CEOE.**


 2 No ano 1999 este grupo de economistas *pronosticaban a creba das pensións
para o ano 2010** No ano 2000 créase o Fondo de Reserva das Pensións, nestes
10 anos este fondo acumulou un excedente de máis de 64.000 millóns de €. No
ano 2010 o superávit no 3º trimestre foi de 11.000 millóns de €, cun 14%
máis de pensionistas que no ano 2000.


 3 As medidas que pretende aprobar o Goberno de ampliar os anos de cálculo e
a idade de xubilación, poderán *reducir até un 25% a pensión** nos próximos
anos. Ao mesmo tempo que reforman as pensións, aprobaron reducir as
cotizacións das empresas e subvencionar os despedimentos co diñeiro público.
Isto representa máis diñeiro que o que aforran coa reforma das pensións.


 4 Na proposta de reforma das pensións que queren aprobar *incrementan o
tope para as pensións máximas** (banqueiros, empresarios, executivos,
profesións liberais) para que poidan cobrar máis, e recortan aproximadamente
un 10% as da clase traballadora. Recortan as dos pobres para darllo aos
ricos.


 5 O Estado Español é *o que menos gasta en pensións** da Europa dos 15,
menos que Portugal que gasta o 11,4% do PIB. O Estado Español gasta o 7,8%.


 6 No ano 1995 o gasto en pensións no Estado Español representaba o 8,3% do
PIB. No ano 2008, con 1.500.000 (un millón cincocentos mil) pensionistas
máis e 2 millóns de desempregados máis que entón, o gasto é do 7,8%, *un
0,5% menos**


 Páx. 3:::

7 Os resultados de superávit reprodúcense cada ano porque dependen do
crecemento económico e do incremento anual de traballadores e traballadoras.
Nos últimos 30 anos *a clase traballadora creceu máis do dobre** En Galiza
no ano 1980 non chegaba aos 430 mil. Hoxe pasa de 940 mil traballadores e
traballadoras.


 8 Na conxelación das pensións públicas no 2010, que afectou á clase
traballadora,* o Estado aforrou 1.530 millóns de €** Pero ao mesmo
tempo *perdeu
1.440 millóns de €** pola desgravación fiscal que lle fai aos ricos das
pensións privadas contratadas en bancos e aseguradoras .


 9 Os que aproban estas medidas non reforman as súas pensións. Os deputados
e senadores *con 7 anos de mandato teñen asegurado o 80% da pensión máxima,**
(uns 30.000 € ao ano) e poden xubilarse aos 60 anos. Se perden o escano,
cotízanlles até a xubilación.


 10 O Estado Español *triplica a media de contratación temporal precaria de
Europa.** Estes traballadores e traballadoras temporais nunca chegarán aos
35 anos para cobrar o 100% da pensión e teranse que xubilar mais tarde e
cobrarán menos. Con menos temporalidade produciríanse máis ingresos. Ao
final, os que teñen o traballo mais duro e máis precario terán a peor
pensión.


 A pensión media é de 876€/mes. En Galiza, de 728€. Esta é a pensión da
clase traballadora, a dos ricos supera os 3000€. A clase traballadora
asociada a traballos de dureza e fatiga (automóbil,naval, construción,
pedra, mar, conserva, téxtil, limpeza, etc), vive un promedio de dez anos
menos que os executivos, banqueiros, xuíces, notarios, empresarios,
profesións liberais, etc. Viven máis os que cobran as pensións máis altas.


 O maior fraude á Seguridade Social cométeno as empresas. Contratos a media
xornada ou por horas pero traballando realmente toda xornada. Tamén nas
horas extras que non cotizan. No informe de Facenda do ano pasado o 90% dos
empresarios aseguran ingresar menos de 1000€ ao mes.


 Esta é a democracia dos ricos, na que o capitalismo financeiro quere
controlar as pensións. Billóns de euros, que logo irán ás accións das
grandes empresas na Bolsa. Por isto queren a reforma. Lembra que só tres
grupos políticos rexeitaron a reforma laboral e esta reforma das pensións:
BNG, IU e ERC. Loita tamén co teu voto. (sic)


 Non permitamos este ataque aos nosos dereitos, porque non pensan parar.
Seguirán reformando e empobrecendo as pensións. O noso futuro, os dos novos
traballadores e traballadoras debemos defendelo agora.


 Páx. 4:::

HISTORIA DAS ANTERIORES REFORMAS DAS PENSIÓNS


 - Reforma das pensións de 1985

Aumenta o período mínimo de cotización para acceder a unha pensión

antes: 10 anos /

despois: 15 anos


 Amplía o período para calcular a pensión

antes: 2 anos /

despois: 8 anos


 Actualización da cuantía das pensións

En función do aumento dos salarios /

En función do IPC previsto. Se a inflación real é maior que a prevista a
diferenza só se compensa nas pensións mínimas


 - Reforma das pensións de 1997

Amplía novamente o período para calcular a pensión

8 anos /

15 anos


 - Proposta de reforma das pensións de 2011

Amplía novamente o período para calcular a pensión

15 anos /

20-25 anos


 Aumenta a idade de xubilación

65 anos /

67 anos


 27 DE XANEIRO

FOLGA XERAL!


 MANIFESTACIÓN

ÁS 12.00H DESDE O CRUCE DA DOBLADA (VIGO)


 CIG Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com



 *[destacado en escuro no texto orixinal]


-- 
Durán Vázquez____________
http://cronicaelectronica.org/?p=duranvazquez
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://slla664.piensasolutions.com/pipermail/xedh.org.abrouxados/attachments/20110125/a51c5930/attachment.html


Más información sobre la lista de distribución abrouxados