[abrouxados] Concerto no CGAC: Scelsi Remixes

Ángel Faraldo angelfaraldo en gmail.com
Lun Abr 26 09:02:03 CEST 2010


[ÁNGEL:] ¡Olá! Escrebo cunha proposta para mañá martes no CGAC, 20'30 e de balde, en Santiago. Estará a cargo do grupo s en x21 (Pablo Coello e Rafael Yebra: saxos) e máis eu na electrónica e difusión de son. Oito pezas do compositor italiano Giacinto Scelsi serán interpretadas polo grupo i entretexidas por intervencións miñas na electrónica cunha peza creada para a ocasión: "scelsi remix: 7 mantras".

[CCAG:] Baixo o título Música e arte. Correspondencias sonoras, o CGAC presenta o segundo ciclo de concertos que ao longo de 2010 e, en relación con diferentes exposicións, ofrecerá a posibilidade de coñecer o traballo de cinco formacións musicais de características ben diferentes. O deseño deste ciclo vén da man de Fonos21 que a partir de cinco exposicións do CGAC buscou a relación con outras tantas propostas musicais. Así, o primeiro destes concertos, a cargo da formación galega S en X21 estará ligado á exposición do artista povera italiano Gilberto Zorio. Partindo do son como materia prima, e en combinación coa electrónica, reelaboran e transforman a música do compositor italiano Giacinto Scelsi.

[ÁNGEL:] Pois isto é todo, abrouxados. Saúdos e recordos.

__________________________________________

www.angelfaraldo.info



------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://slla664.piensasolutions.com/pipermail/xedh.org.abrouxados/attachments/20100426/594294c5/attachment.html


Más información sobre la lista de distribución abrouxados