[abrouxados] Michel Henritzi no Liceo Mutante!!

LETRA.ROTA en terra.es LETRA.ROTA en terra.es
Jue Nov 15 11:11:33 CET 2012


Despois
 de deixarnos coa boca aberta fai un ano no Liceo acompañanado por Rinji
 Fukuoka, volve visitarnos Michel Henritzi, desta vez en solitario.   

 O improvisador francés Michel Henritzi (guitarra e lapsteel) leva case 
tres décadas a explorar e deconstruír a American Primitive Music, 
implicado en diferentes proxectos musicais como Dustbreeders ou Howlin’ 
Ghost Proletarians. Colaborador de Bruce Russell,Mattin, Taku Unami, 
Taku Sugimoto,Toshimaru Nakamura, Hijokaidan ou a Nihilist Spasm Band e 
experto coñecedor da música nipona. 
Figura moi activa da experimentación sonora francesa, director dos selos
 A Bruit Secret e Turtle´s Dreams, así como colaborador dos magazines 
Revue&Corrigée e Sound Projector. Dende os anos oitenta estivo 
involucrado en proxectos industriais e ruidistas como NOX e Howlin’ 
Ghost Proletarians, nos que manipulaba guitarras e cintas magnéticas. 
Máis tarde, o seu traballo como músico estivo moi ligado aos 
intimidantes Dustbreeders, unha brutal banda baseada nas posibilidades 
do feedback como medio de agresión na que tan só se empregaban 
xiradiscos conectados a altofalantes e misturados coas posibilidades da 
instalación sonora e da performance. A súa actual faciana en solitario, 
como sempre nel moi baseada na improvisación, expresase a través da 
guitarra eléctrica e o lapsteel, amosándonos o seu lado máis 
introspectivo e melancólico. Ademáis dunha coidada utilización do 
silencio, a música de Michel Henritzi posúe unha moi intensa pero 
elegante carga emotiva, ás veces opresiva na súa descripción de paisaxes
 solitarios e sombríos nunha viaxe que nos leva do blues abstracto ao 
ruído.
 
 http://michelhenritzi.canalblog.com/
 http://soundcloud.com/michel-henritzi
 http://vimeo.com/33939028
 http://www.dailymotion.com/video/x6fevb_michel-henritzi-kumiko-karino-walki_music
 http://www.youtube.com/watch?v=omwE2Ihb_-4
 http://www.youtube.com/watch?v=omwE2Ihb_-4
 http://www.youtube.com/watch?v=HEY9qk16vH4
 
 Concerto imperdible por unha axuda de só 4 euros destinados integramnento a cubrir os gastos de Michel.
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://slla664.piensasolutions.com/pipermail/xedh.org.abrouxados/attachments/20121115/11de74c3/attachment.html


Más información sobre la lista de distribución abrouxados