[abrouxados] Le Temple Solaire + Jubilé + Golden Cup no Liceo Mutante

LETRA.ROTA en terra.es LETRA.ROTA en terra.es
Vie Abr 13 17:07:30 CEST 2012


Se atormenta una vecina!
 O xoves vai descargar unha tormenta de dimensións épicas no Liceo, nunha noite que será recordada durante anos.
 Dous grupazos franceses e un italiano residente en Porto van poñer o Liceo patas arriba.
 
 Abrirá a velada Golden Cup, proxecto en solitario
 de Luca Massolin, unha figura activa das novas xeracións da música 
italiana e agora residente en Portugal. Parte integrante de Golden 
Jooklo Age
 (www.troglosound.altervista.org/goldenjookloage.htm) e do colectivo de improvisación Neokarma Jooklo Experience (www.troglosound.altervista.org/neokarma.htm).
 Ademais de colaborador de xente como Michel Henritzi, Rinji Fukuoka, 
Virginia Genta, Roberto Mallo ou XEDH, entre moitos outros.
 Neste proxecto os instrumentos empregados son cordas (guitarra, baixo, mandolina), voz e electrónica analóxica.
 É ademais a persoa que está detrás do selo 8mm records.
 http://www.8mmrecs.com/
 http://8mmrecs.com/goldencup.htm
 

 Jubilé son un dúo francés de guitarra, batería e voces cun son que 
lembra ás grandes bandas da época dourada do noise rock como Melt Banana
 e os grupos de Skingraft Records e o ten outro pé no son de bandas como
 Shellac e os grupos de Touch and Go.
 Teñen un directo explosivo e  enérxico
 http://www.myspace.com/jubil
 http://www.boomboomrikordz.fr/groupes/4
 http://www.youtube.com/watch?v=77lHXujlgyU
 

 Le Temple Solaire son unha apisonadora sonora, un power trío de son 
demoledor. à formación habitual de guitarra, baixo e batería engándelles
 outros intrumentos como osciladores, bombarda ou frautas.
 
Influenciados tanto pola psicodelia xaponesa (Les Rallizes Dénudés) a 
música experimental ou os mellores Black Sabbath, conseguen crear algo 
que por aí foi descrito como un combate a morte entre os Melvins e Neu!
  http://flavors.me/templesolaire#_
 

 Toda esta jarana por só 4 euros (coma sempre no Liceo, destinados 
integramente a cubrir os gastos as bandas) e os nosos habituais prezos 
populares.
 
 Unha noite para non perder.
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://slla664.piensasolutions.com/pipermail/xedh.org.abrouxados/attachments/20120413/45dbad69/attachment.html


Más información sobre la lista de distribución abrouxados