[abrouxados] Tim Olive e Alfredo Costa Monteiro no Festival SinSal ext. Fase

Roberto Mallo García joseghast en joseghast.org
Vie Oct 15 10:37:43 CEST 2010


Tim Olive & Alfredo Costa Monteiro

Luns 18 de Outubro, Fundación Luis Seoane, A Coruña. 20:30h, Entrada  
Libre.

Tim Olive naceu en Canadá e comezou na música tocando o baixo  
eléctrico aos 12 anos interesado polo heavy metal. Posteriormente  
seguiría por outros camiños, coñecendo o free jazz, a música  
elctrónica/concreta e a música asiática. Aplicou todo isto ás  
limitacións do rock e pouco a pouco foron aparecendo formas  
abstractas a través da improvisación.

http://www.youtube.com/watch?v=B7QgMvwYC6o



Alfredo Costa Monteiro acabou os seus estudos de Escultura e  
Multimedia con Christian Boltanski no ano 1992 na escola de Belas  
Artes de París, iniciando unha carreira na que destaca o seu interese  
pola poesía sonora/visual e o son. Xuntos, estes dous inquedos  
creadores exploran as relacións entre os seus diferentes campos  
abrindo o espectro á improvisación pura e os límites do son tal e  
como o entendemos. En xaneiro do 2011, no selo grego Triple Bath,  
sairá a súa primeira referencia discográfica, 33 Bays.

http://vimeo.com/2710047


--
taumaturgia.com

------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un mensaje que no está en formato texto plano...
Nombre     : outono_coruna_mail.jpg
Tipo       : image/jpeg
Tamaño     : 100177 bytes
Descripción: no disponible
Url        : http://slla664.piensasolutions.com/pipermail/xedh.org.abrouxados/attachments/20101015/524cff91/outono_coruna_mail-0001.jpg
------------ próxima parte ------------





--
joseghast.org
taumaturgia.com






Más información sobre la lista de distribución abrouxados