[abrouxados] [A Coruña] Actividades do 1 ao 8 de setembro CSO Casa das Atochas

Joaquín Lana joaquinlana en gmail.com
Mie Sep 1 14:19:11 CEST 2010


Data: xoves 2 de setembro
Hora: 22.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

CINEMA NA RÚA. Proxección da curta A FLOR DE PIEL [A flor de pel] de
Kristina Garikano e Cristian Marín [2010] e do filme NI VIEUX NI 
TRAÎTRES [Nin vellos nin traidores] de Pierre Carles e Georges Minangoy 
[2005]
VOSP

Nin vellos, nin traidores é un documental sobre *s militantes de Action 
Directe. Móstranos a súa traxectoria política e as súas orixes en 
Barcelona, o paso polos MIL, GARI, polos grupos autónomos e a loita dos 
anos setenta.

Nos anos 70, anarquistas franceses loitaron ao carón d*s compañeir*s de 
Catalunya contra a ditadura franquista e o capitalismo. Apoiaron as 
folgas máis radicais e crearon a editorial Maio 37 para difundir textos 
marxistas, situacionistas, asemblearios e anarquistas.

Máis información e descargas:
http://vimeo.com/13908870
http://www.nodo50.org/rebeldemule/foro/viewtopic.php?f=4&t=5018

Data: venres 3 de setembro
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

concerto de SKARALLAOS (Culleredo)
Ska - reggae - punk

Máis información:
www.myspace.com/skarallaos

Data: luns 6 de setembro
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

concerto de DAVE PHILLIPS (Zurich) e FRANCISCO MEIRINO (Lausanne)

Dave Phillips
Desde 1984 Dave Phillips (en diante dp) analiza e pensa as condutas 
humanimales e outras existencias baseándose para iso na de/construción 
sonora, a psicoacústica e unha desenfreada necesidade de traspasar 
límites. Utilizando as posibilidades que o son ofrece para xerar 
emocións comúns, e xerar cambios, desviacións dos sentidos e situacións 
polémicas como catárticas, dp ofrece actuacións de gran intensidade.

1986 - 1988: membro fundador do mítico cuarteto de 
hardcore-thrash/grindcore Fear of God
http://www.myspace.com/fearofgodgrind
Desde 1987: traballa en solitario como dave phillips (dp); animalismo, 
humanismo, voz, corpo, música concreta, gravacións de campo.
Desde 1991: membro de Schimpfluch-Gruppe, un colectivo de performers.
2000 - 2004: membro fundador de OHNE.
http://www.ohne-oben.org/
Desde 2004: proxecto Dead peni.
http://www.myspace.com/deadpeni
Desde 2008: toca o baixo con Ketsu No Ana.
http://www.ketsunoana.ch/about

Franscisco Meirino
Activo desde 1994 (como phroq ata o ano 2009). A súa música, unha 
paisaxe electrónica complexo e en constante cambio que oscila entre o 
electroacústico e o ruído extremo, fascina pola súa intensidade e 
precisión. Explora a tensión entre o material programable e o potencial 
para o seu fracaso e como dun
fracaso pode xurdir algo máis que algo molesto.
Traballa principalmente co ordenador, ademais de entrar en contacto con 
micrófonos, detectores de campos electromagnéticos e con dispositivos 
acústicos electrónicos.

Máis información e descargas:
http://tochnit-aleph.com/dp/
http://www.myspace.com/dpdavephillips
http://www.phroq.com/
http://www.myspace.com/phroq


ACTIVIDADES PERMANENTES
abertas e gratuítas

RADIO LIVRE KRIME, se tes interese en facer un programa ou en axudar en 
xeral escribe a contacto en casadasatochas.info

HORTA, interesad*s escribir a raquelosu en hotmail.com

LUNS
ás 20.30 horas ASEMBLEA ABERTA DA CASA
MARTES
NOVO! ás 21.30 horas LECTURAS COMENTADAS
MÉRCORES
a partir das 13.00 horas XANTAR IMPOPULAR (vegano)

Ateneo, tenda libre, futbolín e contrainformación

Unha aperta

Máis información:
http://www.casadasatochas.info
http://www.myspace.com/casadasatochas

------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://slla664.piensasolutions.com/pipermail/xedh.org.abrouxados/attachments/20100901/a02fd065/attachment.html


Más información sobre la lista de distribución abrouxados