[abrouxados] Golden Cup e Freudi o 18 de maio no CSO Casa das Atochas (A Coruña)

Roberto Mallo García joseghast en joseghast.org
Jue Mayo 13 12:03:13 CEST 2010


Golden Cup é o proxecto en solitario de Luca Massolin (8mmrecs, Golden
Jooklo Age), unha figura activa das novas xeracións da música italiana
e agora residente en Portugal. Os instrumentos usados son cordas
(guitarra, baixo, mandolina), voz e electrónica analóxica. Aléntao a
súa fascinación polas obras dos pioneiros da música electrónica, o
rock de guitarras dos primeiros 70 así como a improvisación cósmica, o
minimalismo e o free jazz.

Freudi é unha conxuración entre Michele Mazzani e Aldo Becca
(Palustre) e o nómada baseado en Boloña Davide Simonetti
(Sethevoltracks). A miúdo perdidos na parafernalia do ruido con
ultra-delay, hoxe en día están interesado no son do drone minimalista
e os bucles de cinta de voces humanas, resultando unha experiencia
altamente subliminal.

Isto será o próximo martes 18 de maio ás 20.30 no C.S.O. Casa das
Atochas (Rúa Atocha Alta 14, A Coruña).

Máis información:

Luca Massolin	http://www.8mmrecs.com/goldencup.htm
      		http://www.8mmrecs.com/
		http://www.troglosound.altervista.org/goldenjookloage.htm

Freudi		http://www.palustre.net/
		http://www.myspace.com/sethevoltracks

http://www.casadasatochas.info/

------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un mensaje que no está en formato texto plano...
Nombre     : goldencupfreudicorreo.jpg
Tipo       : image/jpeg
Tamaño     : 11169 bytes
Descripción: no disponible
Url        : http://slla664.piensasolutions.com/pipermail/xedh.org.abrouxados/attachments/20100513/2ec98730/goldencupfreudicorreo.jpg
------------ próxima parte ------------

--
joseghast.org
taumaturgia.com






Más información sobre la lista de distribución abrouxados