[abrouxados] April is the cruelest month. Do jazz ao ruído.

Miguel Prado Casanova miguel en taumaturgia.com
Mar Abr 6 15:06:13 CEST 2010


>
>
>
>
> April is the cruelest month. Do jazz ao ruído.
> Michel Henritzi (Guitarra)
> Shin´ichi Isohara (Guitarra)
> Miguel Prado (Guitarra)
>
>
>
>
> Venres, 9 de abril
> 20:30
> Baleiro, Fac. de Filoloxía da USC (ver mapa).
> Entrada de balde.
> ____________________________________
> Baleiro volve á colaboración coa Asociación Fase. Nesta ocasión,  
> convidámosvos a un triple concerto a cargo de Michel Henritzi, Shin 
> ´ichi Isohara e Miguel Prado. Será a única data en Galicia para  
> escoitar a estes tres improvisadores desfacendo ideas preconcebidas  
> baixo o título Abril é o mes máis cruel.
>
> Michel Henritzi (Metz, 1959) é unha figura moi activa da  
> experimentación sonora francesa. Director dos selos A Bruit Secret e  
> Turtle´s Dreams, así como colaborador dos magazines Revue&Corrigée  
> e Sound Projector, desde os anos oitenta estivo involucrado en  
> proxectos industriais e ruidistas como NOX e Howlin’ Ghost  
> Proletarians, nos que manipulaba guitarras e cintas magnéticas.  
> Máis tarde, o seu traballo como músico estivo moi ligado aos  
> intimidantes Dustbreeders, unha brutal banda baseada nas  
> posibilidades do feedback como medio de agresión na que tan só se  
> empregaban xiradiscos conectados a altofalantes e misturados coas  
> posibilidades da instalación sonora e da performance.
>
> A súa actual faciana en solitario, como sempre nel moi baseada na  
> improvisación, se expresa a través da guitarra eléctrica,  
> amosándonos o seu lado máis introspectivo e melancólico. Ademáis  
> dunha coidada utilización do silencio, a música de Michel Henritzi  
> posúe unha moi intensa pero elegante carga emotiva, ás veces  
> opresiva na súa descrición de paisaxes solitarios e sombríos.  
> Paisaxes que ancoran perfectamente nas fotografías da súa  
> colaboradora habitual Kumiko Marino e a súa serie Walking in the  
> shadow (que teremos oportunidade de ver neste concerto). En palabras  
> do artista, o seu temprano interese pola retroalimentación, o  
> errorismo ou a utilización de material de refugallo ven dado pola  
> procura da inconsciencia na creación, a procura dunha pantasma na  
> música que conta historias silenciosas.
>
> Shin´ichi Isohara (Osaka, 1962) vive en Hyogo, Xapón. Aos 12 anos  
> comezou os seus estudos de guitarra e teoría musical. Máis tarde,  
> en 1985, foi un dos derradeiros alumnos de Masayuki Takayanagi, quen  
> deixou unha fonda pegada filosófica na súa música e lle aprendeu a  
> desfacerse dos seus prexuízos musicais. Quizáis, o aspecto máis  
> salientable da música de Isohara: o amplo espectro musical no cal  
> desenvolve a súa actividade, do clásico e popular ao ruidismo e a  
> abstracción.
>
> O denominador común na súa traxectoria é o emprego da guitarra  
> improvisada como vehículo para un jazz arriscado e delicado, unha  
> música de potente adscrición visual e distintivo rigor teórico. Na  
> súa serie de 1996 Existence, Isohara constrúe unha armazón  
> programática que o acompaña desde entón, un manifesto estético  
> que procura un espazo abstracto no que combinar o aural co visual. É  
> de esta actitude experimental que tira un gran interese en colaborar  
> con diversos artistas, ao igual que Michel Henritzi.
>
> Miguel Prado (A Coruña, 1985) é un artista que traballa coa  
> improvisación, o son, o silencio e a performance. Xa é un  
> colaborador habitual de Baleiro, onde compartiu experiencias co  
> percusionista xaponés Sejiro Murayama. A esta colaboración hai que  
> sumar outras moitas con artistas como Mattin, Ryu Hankil, Stephen O  
> ÌMalley, Rinji Fukuoka ou o propio Michel Henritzi, nunha fervente  
> actividade que tamén abarca instalacións sonoras, música para  
> cinema, danza e participacións en conferencias e seminarios. Ao  
> mesmo tempo, Prado coordina o selo discográfico Taumaturgia e  
> realiza os programas de diversos concertos de música e performance  
> mediante a Asociación Fase e a produtora Sinsal.
>
> O seu traballo trata de poñer en dúbida as nocións de espectáculo  
> e os roles que cada un desenvolvemos dentro del: a autoría, a  
> produción artística e as expectativas creadas ao redor desta. Moi  
> interesado en intervencións anónimas, a súa é unha práctica  
> experimental que busca posibilitar situacións diferentes, de  
> natureza inestable e que non rematen en experiencias controladas.  
> Estas preséntansenos mediante actuacións en directo, discos,  
> composicións ou textos.
>
> Agardamos que sexa do voso interese. Vémonos baixo terra.
>
> -- 
> Víctor E.
>
>
>

Miguel Prado
http://www.taumaturgia.com/miguelprado
http://www.taumaturgia.com

------------ próxima parte ------------
Saltado el tipo de contenido multipart/related


Más información sobre la lista de distribución abrouxados