[abrouxados] Obradoiro/Concerto Carlos Suárez

Alejandro Durán alejandrodurn en gmail.com
Mie Mar 10 13:53:49 CET 2010


Fonografía e arte sonora. (Obradoiro - Concerto) *Carlos Suárez*

*Sábados 13 de marzo de 2010* Museo Verbum de Vigo, Avda de Samil Nº 17.
Horario: de 10.00 a 21.30 horas - Prezo: *entrada gratuíta*

Taller teórico/práctico, no que se exploran algunhas técnicas de composición
electroacústicas que toman como punto de partida a gravación do son.
Dirixido a artistas sonoros, compositores, intérpretes, profesionais da
gravación e todas aquelas persoas interesadas en rexistrar e traballar
creativamente co son. A parte teórica, introduce aos seus participantes na
creación musical desde varios puntos de vista; paisaxes e obxectos sonoros,
bioacústica, etnomusicología, entre outros. Tamén se analizará un amplo
número gravacións de campo e exemplos musicais, contrapóndoos coas obras
onde estes rexistros fonográficos foron transformados e utilizados como
materia prima. Así mesmo, estudaranse fenómenos psicoacústicos e técnicas de
gravación en campo con diferentes ferramentas tecnolóxicas. Na parte
práctica, realizaranse exercicios de escoita profunda e gravacións na
contorna próxima do taller. Tamén se estudarán algunhas técnicas utilizadas
no procesamiento informático dos sons utilizando diversos software, e
construiranse micrófonos de contacto para rexistrar as resonancias internas
de diversos obxectos que serán preparados para tal fin. Finalmente, os
participantes procesarán os sons gravados aplicando as técnicas estudadas, e
utilizaranos como materia prima na composición dunha obra curta que poderá
ser estreada ao concluír o taller.

Temática do taller.

Bloque 1. (1 horas)

1.- Composición e etnomusicología. "As infinitas vangardas da diversidade"
2.- Paisaxe sonora. "A influencia inevitable da contorna sonora" 3.-
Proxecto fonotopías de Galicia. "Os sons en perigo de extinción" 4.-
Audicións. "Paisaxes sonoras de Venezuela e Galicia, etnomúsica e
electroacústica"

Bloque 2. (1 horas)

1.- Fenómenos psicoacústicos e audio. "Percepción acústica, enmascaramiento,
bits, etc" 2.- Tipos de gravadores. "Analóxicos e dixitais" 3.- Tipos de
transductores acústicos. "Micrófonos, geófonos, hidrófonos, acelerómetros"
4.- Técnicas de gravación en campo. "Escoita profunda, percepción e a caza
do son"

Bloque 3. (1 horas)

2.- Construción e experimentos con piezoeléctricos. "Os obxectos e as súas
resonancias internas" 3.- Gravacións de campo. "Gravacións de paisaxes
sonoras e microsonidos"

Bloque 4. (2 horas)

4.- Procesamiento informático dos sons. "Tallando o son" 5.- Técnicas de
composición. "Da música concreta ás infinitas posibilidades do sampler"
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://slla664.piensasolutions.com/pipermail/xedh.org.abrouxados/attachments/20100310/393394ce/attachment.html


Más información sobre la lista de distribución abrouxados